Os proxectos municipais de posta en valor dos recursos naturais e termais da marxe dereita do río Miño deron un paso adiante coa aprobación definitiva, por parte da Xunta de Goberno Local, do expediente de ocupación de varias parcelas que permitirán construír unha gran zona verde entre o Campo da Feira e O Tinteiro. Son, en total, 12 parcelas que suman un total de 11.458 metros cadrados de superficie.
Coa aprobación do expediente de ocupación destas parcelas, o Concello completa a adquisición da totalidade dos terreos necesarios para crear a gran zona verde que reforzará os atractivos deste entorno para veciños e visitantes da cidade.