Ovos, fariña de millo e leite. Eses son os ingredientes das chulas que o domingo ensalzarán na parroquia de Moscoso, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén. A cita gastronómica cumpre xa a súa décima edición. A xornada comezará ás 11.00 horas e haberá un mercado de produtos ecolóxicos e artesanais. A chula presidirá as mesas –con chocolate, mel, cabaza ou nata-, pero tamén haberá polbo á feira, churrasco ou callos.