As axencias de viaxes non poden absterse da competencia entre os aeroportos galegos e o de Oporto e, de feito, moitas delas estanse decantando pola terminal lusa en detrimento das galegas. Segundo recolle Faro de Vigo, Peinador estaría perdendo na actualidade un 20% do negocio das axencias pola competencia co Sá Carneiro.
O xornal recolle declaracións do presidente da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes, José Ángel Espada: "Este é un ano conflitivo e os maioristas non queren asumir grandes riscos de capacidade, polo que están aproveitando os voos de Oporto, que teñen menos risco". Ademais, engade que os prezos son máis axustados. "Agora mesmo un voo Vigo-Madrid-Montevideo costa 1.400 euros; dende Oporto queda en 990".
Outro problema engadido é o derivado da eliminación de voos das compañías de baixo custo. Vigo xa non dispón do voo a Londres e periga o de Bruxelas. Nese sentido, o alcalde, Abel Caballero, pide á Xunta que siga apoiando este voo para que non sexa retirado no inverno, como así se agarda.
Pola súa banda, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, subliñou que a Xunta debe “asumir as súas responsabilidades nas negociacións coas liñas aéreas” e apostar decididamente polo aeroporto da cidade. Santi Domínguez lembra que se hoxe Vigo non conta xa co voo a Londres é porque a Xunta retirou á súa achega á compañía correspondente.
Santi Domínguez considera que a Xunta debe apostar pola ampliación de voos no aeroporto de Vigo e lembra que o goberno galego ten ao seu dispor dende hai meses o Plan Estratéxico de Peinador. “Eu mesmo, como tenente de alcalde e concelleiro de Turismo presenteillo á secretaria xeral de Turismo, e posteriormente foi o Comité de Rutas o encargado de levar a cabo as negociacións”, sinala. Domínguez explica que o Plan aposta decididamente polo aumento das frecuencias con Barcelona, que suporía un crecemento de entre 50.000 e 60.000 pasaxeiros ao ano, así como manter os voos con Madrid, Bilbao e Valencia e potenciar as conexións coas illas.