O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra comezou nesta semana os controis de maduración de cara á próxima vendima na que, segundo os datos que manexan, se recollerá menos cantidade de uva que na pasada campaña. Os técnicos comprobaron, non obstante, que o mildiu deste ano non afectou de maneira importante ás prantacións desta denominación. O presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, insiste en que ésta é unha D.O. que cada ano fai un viño conforme á climatoloxía, “uns anos hai máis viño, outros anos menos, uns anos é mellor e outros peor; ese é un dos atractivos destes viños. Cada ano un viño, unha experiencia, e eso sábeo o noso consumidor habitual e por eso se interesan polos nosos viños”.
Por outro lado, o Consello informou de que a estas alturas do ano lévase embotellado o 70% da produción do ano pasado, as ventas seguen sendo moi boas e o consumidor continúa confiando nos viños desta D.O.