A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinou hoxe un acordo de colaboración con representantes de 9 organizacións de produtores pesqueiros e acuícolas para a distribución de peixe fresco entre máis de 19.000 escolares galegos de entre 6 e 12 anos, dentro da campaña “O sabor da aventura está no mar”, promovida pola Consellería do Mar. Á sinatura do acordo tamén asistiron os conselleiros de Educación e Sanidade, Xesús Vázquez Abad e Pilar Farjas e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro.
A través desta campaña distribuiranse máis de 152.000 racións de peixe en 158 colexios públicos de Galicia durante o próximo curso académico 2010-2011, co obxectivo de impulsar o consumo de peixe entre os máis pequenos. Ademais do equilibrio das dietas alimenticias entre os alumnos en idades infantil e xuvenil, o departamento autonómico tamén busca valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.
En concreto, durante o curso 2010-2011, distribuirase entre os comedores escolares de Galicia máis de 50 toneladas de xarda, lirio, xurelo, pescada, mexillón, rodaballo e troita. Ademais da súa distribución, as 9 organizacións galegas de produtores pesqueiros e acuícolas que asinaron o convenio coa Xunta encargaranse do almacenamento, refrixerado, preparación e envasado do peixe en condicións hixiénicas e sanitarias óptimas para o seu transporte.
A Asociación de Produtores de Rodaballo OPP-59, a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo OPP-4, a OPP-13 Organización de Produtores de Pesca do Porto da Coruña, a OPP-31 Organización de Produtores Pescagalicia, a OPP-18 OPMEGA-Organización de productores de Mexillón de Galicia, a OPP-7 Organización de Productores da Provincia de Lugo, a OPP-8 OPROMAR-Organización de Produtores de pesca fresca do Porto e Ría de Marín, a OPP-46 Organización de Produtores de pesca de Palangre ORPAL e a OPP-65 Produtores de ADSG ATRUGAL serán as organizacións encargadas de subministrar peixe fresco nos comedores escolares.
Mar considera que o peixe fresco desembarcado nos portos galegos constitúe, debido ás súas cualidades, a mellor proposta para dotar de peixe ao programa. Así o produto entregado polas organizacións debe ser fresco, de boa calidade e carente de defectos ou danos de calquera tipo. Asimesmo, deberá ser entregado en envases que garantan as condicións hixiénico sanitarias do produto, que deberá ir etiquetado correctamente. No caso do mexillón, deberá entregarse, despois da súa depuración, en bolsas precintadas ou etiquetadas.
Ademais de incentivar o consumo de peixe fresco entre os máis novos, o departamento que dirixe Rosa Quintana formará, a través desta iniciativa, ao alumnado en coñecementos sobre as distintas especies de peixe e as súas características nutricionais. Así, a campaña fará fincapé nos centros públicos do interior, nos que os alumnos xeralmente teñen menor coñecementos dos produtos do mar.
O importe destinado a este convenio é de 112.100 euros, repartidos en dúas anualidades; 35.400 euros para o ano 2010, e 76.700 para o 2011. Para o seu desenvolvemento completo contará coa colaboración da Consellería de Sanidade, que se encargará do asesoramento técnico na elaboración dos menús para unha dieta equilibrada e saludable; e da Consellería de Educación, que seleccionará os centros públicos que participarán no programa.