O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, percorreu a Ruta do Viño da Ribeira Sacra Lucense, pasando por diversas adegas situadas nos concellos de Sober, O Saviñao e Chantada. A visita comezou nas instalacións do Centro Oleiro Rectoral de Gundivós, no concello de Sober, onde Juárez gozou dunha demostración da elaboración de cerámica logo de percorrer as instalacións da casa reitoral.
Seguidamente, Fernando González, propietario da Adega Algueira, recibiu ao titular de Medio Rural no Mirador de Soutochao para unha panorámica sobre os viñedos e unha breve explicación sobre plantación e recolección de uva. A visita continuou na propia adega cunha cata-degustación dos viños da mesma. No concello de O Saviñao, Evaristo Rodríguez acompañou ao conselleiro polas instalacións da Adega Abadía da Cova. A xornada finalizou na Adega Vía Romana, situada no concello de Chantada e rexentada por Juan Luis Méndez.
O proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013.