Os turistas que se acheguen a Vilanova de Arousa (Pontevedra) contarán, a partir de principios de ano, cun novo atractivo: unha ruta de sendeirismo de 16 kilómetros que porá en valor o xacemento de Monte do Castro. O proxecto, que levan adiante os comuneiros da parroquia de Baión, ten un custo aproximado de 150.000 euros. Por iso agardan contar co apoio das diversas administracións.
A ruta tería o seu inicio –segundo publica Diario de Arousa- no chamado Monte do Carballo, para continuar ata o monte e miradoiro do Castro. Nese punto prevese a instalación dun parque biosaludable.
A ruta tería o seu inicio –segundo publica Diario de Arousa- no chamado Monte do Carballo, para continuar ata o monte e miradoiro do Castro. Nese punto prevese a instalación dun parque biosaludable.