Segue aberto o prazo de inscrición para acceder ás últimas prazas vacantes da quenda de visitas guiadas á Illa de Cortegada trala extraordinaria acollida dos meses de verán precedentes. Das 960 prazas que se dispuxeron nun principio para este proxecto, unicamente quedan vacantes 53, correspondentes ós sábados 18 e 25 de setembro, e ós domingos 19 e 26 do mesmo mes.
Con esta iniciativa do Concello de Vilagarcía os visitantes poderán apreciar de forma gratuíta a riqueza paisaxística, natural e etnográfica desta illa incluída no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
As saídas serán os días indicados dende o peirao de Carril ás once da mañá e ás cinco da tarde en grupos cun máximo de 24 persoas. Neste caso, haberá que exceptuar a visita das once da mañá do domingo 19 debido a que o cota de prazas está xa cuberta.
Para poder inscribirse deberase cubrir un formulario que se facilita no departamento de Medio Ambiente ou que se pode imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es.