A Xunta convocará a Mesa do Leite para tentar que suban os prezos

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, anunciou a próxima convocatoria da Mesa do Leite de Galicia para tentar forzar un alza nos prezos. O conselleiro recoñeceu que na nosa comunidade estase a dar unha situación “estraña” por canto no resto de Europa os mercados estanse recuperando e aquí as cotizacións case non variaron.

Juárez insistiu en que o interese da Xunta pasa por tratar de que os produtores, as industrias e as distribuidoras cheguen a acordos que permitan manter os niveis de prezos “máis atractivos para o produtor”. Para elo considera fundamental que se asinen máis contratos homologados.