O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou, no Concello de Lourenzá, diferentes actuacións de posta en valor do patrimonio histórico e cultural da comarca e anunciou un investimento de 360.000 euros para a primeira fase das obras de restauración do Pazo-Fortaleza de Tovar. Nestes momentos está en marcha a redacción do proxecto de restauración e posta en valor deste ben patrimonial que “xa está perfilado e estará rematado antes de finais de setembro”, indicou o conselleiro. A previsión da Consellería é que as obras se inicien nos primeiros meses do 2011.
O Pazo-Fortaleza de Tovar data da primeira metade do século XVI e foi levantado por Don Antonio de Tovar, home de confianza do emperador Carlos V, no mesmo lugar onde se situaba a Torre de Canedo do século XIII. Trátase dunha xoia do gótico isabelino e dun Ben de Interese Cultural que se atopa moi preto do Camiño de Santiago (Camiño do Norte) e que tras a súa posta en valor enriquecerá aínda máis esta ruta xacobea.