A Consellería do Mar destacou que a campaña do bonito deste ano está a ser a mellor dos últimos seis anos. O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, informou de que “a campaña do bonito do norte do presente ano incrementa de maneira espectacular os seus resultados respecto á media dos anos pasados por estas datas”. O director xeral sinalou que, segundo os datos de mediados agosto, as descargas deste túnido son un 51% superiores e o seu valor en lonxa supera nun 72% a media do período 2004-2009.
Con respecto ao total da campaña de 2009, Juan Maneiro indicou que “as descargas do que levamos desta campaña xa superan nun 21% ás de 2009 ao final da costeira e o valor das vendas xa é un 7% superior”. Tamén destacou que, ata agora, o prezo medio baixou nun 11% “con toda probabilidade coma consecuencia do notable incremento dos kilos de peixe capturados este ano”, apuntou.