O día 27 de setembro conmemórase o Día Mundial do Turismo. Fomentar o coñecemento entre a comunidade internacional da importancia do turismo e dos seus valores económicos, sociais políticos e culturais é o obxectivo principal desta celebración, e para 2010, co lema escollido “Turismo e diversidade biolóxica”, preténdese que o sector turístico se sume decididamente a celebrar a vida na Terra como parte do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, das Nacións Unidas, que se desenvolve en 2010.
Turismo e biodiversidade son mutuamente dependentes e dende a Xunta de Galicia, conscientes do incalculable valor que para o turismo ten a biodiversidade, debemos tratar de espertar as conciencias e facer un chamamento a todos os axentes turísticos, públicos e privados, así como aos propios viaxeiros para que todos cumpramos a nosa parte da responsabilidade de salvagardar, na medida das nosas posibilidades, a intricada rede de especies e ecosistemas únicos que conforman o noso planeta, que está nunha situación de risco. A presión demográfica mais unha actividade humana insostible están a facer que a biodiversidade diminúa de forma irreversible a un ritmo alarmante; por isto, os que conformamos a comunidade turística debemos unirnos para demostrar o noso papel protagonista na protección da biodiversidade.
A biodiversidade é un activo turístico fundamental para o crecemento sostido; os ecosistemas constitúen a base de miles de empresas turísticas e de produtos a nivel mundial, coa capacidade de atraer a millóns de turistas cada ano.
O aforro enerxético, a optimización dos consumos de auga, ao tempo que se incentiva a recuperación de augas tratadas e a de toda clase de residuos, son accións que podemos emprender para acadar un desenvolvemento turístico sostible, máis preto dos equilibrios ambientais que de políticas consumistas de recursos limitados para, deste xeito, evitar que colaboremos en facer do turismo un factor de degradación ambiental.
Así como o turismo debe ser considerado como un líder na actividade económica, o turismo sostible ten o deber e a responsabilidade de conservar e xestionar os recursos naturais biolóxicos.
A desembocadura do río Miño, a iniciativa da Xunta de Galicia, ven de recibir o Premio Nacional de Destinos Turísticos Europeos de Excelencia (EDEN) 2010. Este proxecto, que conta co apoio da Comisión Europea, fomenta modelos de desenvolvemento do turismo sostible na Unión Europea axudando a difundir as prácticas sostibles utilizadas nos destinos seleccionados e a convertelos nun destino turístico atractivo durante todo o ano. Por primeira vez Galicia recibe un premio destas características e o goberno galego comprométese a seguir traballando nesta liña no futuro, para converternos nun destino diferenciado tamén a través da sostibilidad.
O incremento do número de viaxeiros que visitan Galicia, das pernoctacións, da estadía media, o Ano Santo, e o grande esforzo de todos os sectores implicados aos que queremos agradecer especialmente o seu traballo en prol do noso desenvolvemento económico, fixeron de 2010 o ano turístico de Galicia. O goberno galego comprométese a manter en 2011 a súa aposta polo noso destino co obxectivo de consolidar o posicionamento de Galicia como Comunidade Autónoma de vangarda.