GACstrodeRias descobre os segredos da cocción do peixe e debate sobre os problemas da pesca de baixura
A segunda das Xornadas de Divulgación dos Produtos da Pesca de Baixura GACstrodeRias espertou grande interese entre os participantes, uns cincuenta, que encheron a Finca de Briz. O cociñeiro Pepe Solla (Estrela Michelin) descubriu os segredos da cocción do peixe demostrando o seu bo facer con diferentes técnicas aplicadas ao xurelo e á pescada. Cocción en bolsas ao baleiro, en fornos de vapor, a baixa temperatura… foron algunhas das explicacións que ofreceu o restaurador, un verdadeiro especialista no tratamento do peixe. Pepe Solla, que asegurou que as innovacións que se empregan na alta cociña chegarán proximamente á cociña doméstica, incidiu en que os cociñeiros son “secundarios” xa que o importante para el é o produto, que a materia prima sexa de calidade. Por iso animou aos presentes a apostar polo peixe e marisco que se captura nas rías galegas, nomeadamente na de Pontevedra.
Seguidamente celebrouse un interesante debate coa presenza de mariscadores, vendedores, mariñeiros, patróns maiores, representantes da Administración e restauradores. Durante a tertulia puxéronse de manifesto os problemas cos que se atopa agora mesmo o sector, entre eles a competencia que representa o produto foráneo, a deficiente identificación do produto de calidade galego, o furtivismo e a contaminación, entre outros. Os presentes avogaron por “educar” ao consumidor para que saiba apreciar a calidade do produto galego e solicitaron máis controis por parte de Administración para evitar a competencia dos produtos foráneos ou os que se obteñen de forma fraudulenta, en alusión á pesca deportiva e aos furtivos.
Asistiu a esta segunda xornada a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, quen asegurou que a Xunta está facendo un gran esforzo para promocionar os produtos das rías galegas.
A xornada do xoves comeza cunha actividade demostrativa a cargo do profesor do IES Carlos Oroza de Pontevedra Jorge S. Verdeal que falará sobre diferentes gobernos aplicados ao peixe, concretamente a “Caldeirada” e “Á galega”. Introduce a demostración o director das Xornadas, Guillermo Campos. Posteriormente, celébrase a ponencia “Fórmulas novas de comercialización para a sustentabilidade da pesca de baixura” a cargo do profesor da Universidade de A Coruña Antonio García Allut (Lonxanet). Finaliza a xornada cunha degustación comparativa dos produtos estrela do territorio que engloba o GAC: Ameixas de Campelo (preparadas por Casa Laura-A Pinela), Polbo de Bueu (A Centoleira), Pescada de Marín (Jorge Verdeal) e Raia de Portonovo (Salgadoiro, Ardentía).