Máis de medio cento de hostaleiros da comarca participaron na primeira das Xornadas de Divulgación GACstrodeRias, convocadas polo Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra para fomentar o consumo do marisco e a pesca de baixura. Os encontros, que se desenvolven na Finca de Briz de Marín ata o xoves 23, foron inaugurados polo alcalde, Francisco Veiga, e o presidente do GAC, José Antonio Gómez. Na súa intervención, o rexedor marinense insistiu en que a pesca é un sector “estratéxico en si mesmo, pero tamén para a ría e para Marín” que precisaba actividades conxuntas coma estas. “Temos que poñer no mercado produtos que aporten singularidade”, indicou o rexedor, e para iso “é necesario poñer en contacto aos produtores cos demandantes dos seus produtos”. Francisco Veiga engadiu que estas Xornadas son “un esperanzador inicio” para futuras colaboracións entre o sector extractivo e a hostalería e o turismo da comarca.
Pola súa banda, o presidente do Grupo de Acción Costeira salientou que o sector necesitaba “un impulso” como o que poden representar estas Xornadas “para garantizar a sostenibilidade da actividade”.
A ponencia inaugural correu a cargo do profesor da Universidade de Vigo Xulio Pardellas de Blas, que disertou sobre o pasado, o presente e o futuro da pesca de baixura na ría de Pontevedra e máis concretamente no concello de Marín. Pardellas ofreceu unha perspectiva histórica da evolución experimentada polo porto marinense para detallar as dificultades que afronta na actualidade, sobre todo de cara a manter viva a actividade da pesca de baixura. O “cambio xeracional” é, segundo o profesor, un dos atrancos principais cos que se atopa o sector xa que as novas xeracións non garanten a continuidade da actividade. Entre as posibles solucións, Pardellas de Blas apunta a diversificación e o establecemento dunha relación “máis directa” coa hostalería e o turismo. “Non se trata só de ir pescar e vender o produto na lonxa, hai que manter unha relación máis horizontal con outras actividades”, sinala. Xulio Pardellas insiste en que segue habendo recursos pero advirte que é necesario buscar novas alternativas. Entre elas, o profesor sinala o turismo mariñeiro como unha vía para frear a decadencia da pesca de baixura, nomeadamente na ría de Pontevedra.
A xornada continúa cunha actividade demostrativa sobre “Aportes tecnolóxicos para a cociña do peixe” a cargo de Xulio García (Grupo Migán).
A xornada do mércores comezará cunha ponencia práctica sobre a cocción do peixe, a cargo de Pepe Solla, e continuará cun interesante debate sobre a situación actual do sector, coa presenza de mariñeiros, mariscadores, autoridades, vendedores e restauradores.