Finalizaron con gran éxito as I Xornadas de Divulgación de Produtos Marisqueiros e Pesqueiros da Ría de Pontevedra GACstrodeRias, que se viñeron celebrando na Finca de Briz, en Marín, dende o pasado día 21, convocadas polo Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra. Na xornada de clausura, o profesor da Universidade de A Coruña e creador de Lonxanet, Antonio García Allut, incidiu no papel dos mariñeiros dentro da cadea que segue o peixe dende o mar ata o consumidor e emprazounos a deixar de ser meros recolectores de peixe. “No sistema de comercialización tradicional, os mariñeiros non pasan de simples recolectores-extractores porque deixaron o papel de comercializadores a outros axentes e así permanecen alleos ao mercado”, sinalou.
Neste contexto, García Allut detallou a experiencia de Lonxanet, unha plataforma que leva unha década funcionando e que posibilita a adquisición de produtos procedentes da pesca artesanal galega, con todas as garantías de calidade. É un sistema “complexo e caro” que está conseguindo –segundo detallou o seu creador- crear unha marca. “Os consumidores teñen a confianza plena de que o que están mercando é peixe extraído artesanalmente, galego e do día”, explicou.
García Allut aposta por transformar o sistema de comercialización tradicional nun mercado de pesca e consumo “responsable”, no que o esceario sexa “máis favorable, tanto para o mariñeiro como para o consumidor”. En todo caso, o profesor animou aos pescadores a “non quedarse parados” e a reivindicar o seu papel.
A xornada final de GACstrodeRias completouse cunha actividade demostrativa a cargo do profesor do IES Carlos Oroza de Pontevedra Jorge S. Verdeal que falou sobre diferentes gobernos aplicados ao peixe, concretamente a “Caldeirada” e “Á galega”. Como broche de ouro, celebrouse unha degustación comparativa dos produtos estrela do territorio que engloba o GAC: Ameixas de Campelo (preparadas por Casa Laura-A Pinela), Polbo de Bueu (A Centoleira), Pescada de Marín (Jorge Verdeal) e Raia de Portonovo (Salgadoiro, Ardentía).
As Xornadas GACstrodeRias foron convocadas polo Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra e organizadas polo Seminario para a Formación e Promoción da HG&T – Grupo HG&T. Posteriormente, elaborarase un recetario que incluirá unha guía de restaurantes e receitas sobre a temática tratada nas xornadas.