Lugo, de nota

Lugo está celebrando os dez anos dende que a Muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade e, con tal motivo, entre outros moitos actos, convocouse un concurso de eslóganes. Ao final presentáronse 97 frases e emitíronse 332 votos. Nunha primeira criba seleccionáronse as dez propostas máis votadas polos internautas e, finalmente, foron os patrocinadores e colaboradores de Lugo10 os que elixiron o eslogan gañador.

Finalmente, a proposta vencedora foi “Lugo10, ¡de nota!”, presentada por Elena Iravedra, que poderá gozar dunha cea na Tapería do Mesón de Alberto. O eslogan representará todo un emblema para Lugo.