Lugo sabe a mel

Lugo acolle este domingo a XVIII edición da Feira do Mel, que se desenvolverá na Praza da Soidade. A apertura da Feira está prevista para as dez da maña, e contará cos mesmos expositores que na edición anterior, un total de vintedous. O pasado ano vendéronse un total de 1.480 kilos de mel, e este ano prevese acadar un nivel maior, chegando ata os 2.000 kilos.

Os prezos do mel manteranse con respecto ao pasado ano, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo. Nesta edición, Lugo10 tamén estará presente mediante unha carpa auxiliar onde os máis cativos poderán adentrarse no mundo da apicultura a través dunha proxección cinematográfica, de animacions ou coa exposición dunha colmea de cristal para poder observar o funcionamento dende o interior. Ademais, sortearánse entre os asistentes 3 cestas con distintos productos apícolas.