A Comisión 2ª do Parlamento galego aprobou, coa abstención dos socialistas, unha iniciativa do Grupo Popular para que o Castelo da Palma de Mugardos se convirta en complexo hoteleiro. A iniciativa, que contou co apoio do BNG, insta para tal fin á Xunta a requirir do Goberno do Estado que leve a cabo os trámites necesarios para dictar a autorización específica que permita o cambio de uso urbanístico do Castelo.
O proxecto, segundo o PP, suporía un investimento de máis de 18 millóns de euros e crearía máis de 60 postos de traballo directos. Construído en 1597, sendo o edificio actual do ano 1869, o Castelo da Palma é un complexo de construcións composto pola Fortaleza e polas edificacións complementarias, destinadas historicamente á defensa da entrada da Ría de Ferrol. O Goberno do Estado desafectou o castelo dos seus fins defensivos e do seu vínculo coa Defensa Nacional por Resolución do 31 de xullo de 2002, dada a inactividade defensiva do mesmo e o interese do Ministerio de Defensa de desprenderse das construcións que non utiliza. Así, iniciou a súa venda, sendo adquirido pola empresa “Castelo de La Palma Mugardos, S.A.” para a súa transformación en residencial hoteleiro.