Os catro finalistas do VI Concurso de Tapas en Lugo

Xa se coñecen os catro finalistas do VI Concurso de Tapas na modalidade de tapa creativa. Elixiunos esta mañá un xurado de expertos que se reuniu no Gran Hotel entre un total de quince propostas que chegaran á semifinal.

CERVECERÍA LUGO: Porco celta en canelón de Mencía
RESTAURANTE CAMPOS: Bonito de Burela con escuma de pemento de Padrón, galleta de Brick e reducción de Módena
RESTAURANTE ESPAÑA: Choco recheo con Alioli da sua tinta, caviar de
tomate e crocante de perexil
RESTAURANTE PAPRICA: Parrulo con Foie e Frambuesas ecolóxicas de Galicia

O xurado estivo reunido desde as 11.00 ata as 14.00 horas. Nese tempo degustaron as tapas e logo dunha artua deliberación escolleron os catro finalistas que compiten polo premio na modalidade de tapa creativa.

As propostas que presentaron neste VI Concurso de Tapas a Cervecería Lugo e dos restaurantes Campos, España e Paprica dispútanse o premio da mellor tapa creativa que se decidirá o vindeiro venres, 1 de outubro.

O xurado estivo composto por Miguel Ángel Caruncho Prado, Profesor de cociña da Escola de hostelería Belarmino Fernández Iglesias (Sober, Lugo); Bruno Cabanas, Director do hotel Husa Puerta de San Pedro; Ernesto Sendín Giraldez, Xefe de cocina do Gran Hotel de Lugo; Julio García Torres, Profesor do IES Sanxillao e Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de turismo Ribeira Sacra.


O xurado de finalistas volverase a reunir mañá no Gran Hotel para determinar os catro finalistas na modalidade tradicional para o cal degustará as 15 tapas seleccionadas por votación popular.

O acto de entrega dos galardóns terá lugar en outubro e os establecementos premiados recibirán unha placa e insercións de publicidade. Neste acto tamén se procederá á realización dos sorteos dos premios ofrecidos por varios locais aos que opta o público que participou co seu voto no concurso; e o sorteo dos agasallos (catro lotes de viño D.O. Ribeira Sacra, catro estancias de fin de semana no Gran Hotel e dez entradas ao Club Termal do Gran Hotel de Lugo) que se sortean entre os cupóns de selos.

Para máis información consultar as webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.