O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou nos actos organizados pola Comisión Europea para conmemorar o Día Europeo do Turismo baixo o lema “O rol da herdanza europea e os itinerarios culturais na renovada política de turismo europea”. O conselleiro pronunciou a conferencia “O Camiño de Santiago” no marco do debate “Cidadanía europea e o diálogo intercultural”. Na súa intervención, Roberto Varela lembrou o papel da Ruta Xacobea como difusor da cultura europea e como “primeiro itinerario turístico de Europa”.
Roberto Varela lembrou que o Camiño de Santiago foi recoñecido no século XX como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo, pero xa fora no século X o máis importante dos camiños de peregrinación de Occidente. En palabras do conselleiro, a Ruta Xacobea é “a primeira e máis importante difusora da cultura europea, da súa literatura, dos estilos artísticos e dos novos dereitos xerados a través do proceso de urbanización na Baixa Idade Media”. “Por todo isto, o Camiño de Santiago tamén foi primeiro itinerario turístico de Europa” asegurou Varela, feito que proba a chamada Guía do Peregrino, que xa dende mediados do século XII figura integrada, como libro V, no Codex Calixtinus, folios 192 a 213 do manuscrito que se conserva na Catedral de Santiago de Compostela.