A Saínza agarda 10.000 visitantes na batalla de mouros e cristiáns

Esta fin de semana celébrase unha nova edición da romaría da Saínza, no concello ourensán de Rairiz de Veiga. O acto central será a batalla de mouros e cristiáns, á que se espera que acudan unhas 10.000 persoas. A romaría remóntase a mediados do século XIX, e dende entón vense celebrando de xeito ininterrumpido.

O presuposto da festa ascende a 50.000 euros que sufragan o Concello, os comerciantes e os propios veciños.