A compañía Air Berlin inaugurará, dentro da súa campaña para este inverno, unha nova liña que, vía Palma de Mallorca, unirá Compostela coa cidade suíza de Basilea. Haberá voos catro días á semana: luns, xoves, venres e domingos. Tamén se ampliarán as saídas de Palma a Salzburgo, Dusseldorf e Nuremberg.
Estes anuncios chegan no medio do debate xerado polas subvención ás low cost que operan nos aeroportos galegos. Vigo segue criticando que a Xunta aposte por outras terminais, fundamentalmente Santiago, antes que por Peinador. Mentres, o presidente do Goberno galego empraza aos alcaldes a debater estas cuestións nunha reunión do Comité de Rutas.
Por outra banda, o aeroporto compostelán implantará, a partir do próximo 18 de novembro, as denominadas “aterraxes verdes”, que permiten unha diminución do 25% nas emisións de CO2 en cada manobra.