O xa ten os escollidos por votación popular
O xurado reúnese este mércores para seleccionar aos catro finalistas da categoría de Tapa Creativa
O xoves designará aos catro finalistas da Tapa Tradicional
O público que participou no VI Concurso de Tapas cos seus votos decidiu que os establecementos que pasan as semifinais son:
Na categoría creativa:
Ave cesar
Café bar Boletus
Cervecería Lugo
Cook
El riba
La toscana
Mesón da Pelusiña
O lar de Adrián
Restaurante Campos
Restaurante España
Restaurante Manuel Manuel
Restaurante Paprica
Restaurante Parrillada Antonio
Taberna Daniel
La tapería de Baco
Na modalidade tradicional os quince semifinalistas son:
Pulpería Restaurante A rotonda
O curruncho A nosa terra
Abrente
Cafetería Muxicas
Cafetería O Pote
Cafetería Xoldra
Cervecería Baco
Las cinco Vigas
Restaurante La barra
Porta de Santiago
Pulpería O Castelo
Restaurante Antas de Ulla
Restaurante Tosar
Rincón de Santos
Taberna do España
O xurado reúnese este mércores, 29 de setembro, no Gran Hotel de Lugo. Entre as 11 e as 14 horas os membros do xurado degustarán as quince tapas creativas para elixir os catro finalistas desta categoría. Os finalistas da modalidade tradicional serán seleccionados o xoves 30 por este mesmo xurado.
Será o venres día 1 de outubro cando se coñezan os gañadores da sexta edición do Concurso de Tapas, que destacou tanto pola calidade das propostas gastronómicas elaboradas polos corenta establecementos participantes, como pola alta asistencia de público. Os datos recabados a través do cálculo dos votos emitidos e das consumicións realizadas xunto as tapas apuntan a que os corenta locais rexistraron uns ingresos de 135.000 euros en total.
Do reconto dos votos populares, ademais dos 30 establecementos semifinalistas (15 por cada modalidade), saen elixidos os gañadores da Tapa Creativa San Froilán e da Tapa Tradicional San Froilán, que se farán públicos o día 1. Un xurado de expertos designado pola organización será o encargado de outorgar as outras cinco categorías de premios contempladas nas bases: 1º e 2º Premio de Tapa Creativa, 1º e 2º Premio de Tapa Tradicional e un Premio á Tapa que mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este elemento como ingrediente.
O acto de entrega dos galardóns terá lugar en outubro e os establecementos premiados recibirán unha placa e insercións de publicidade. Neste acto tamén se procederá á realización dos sorteos dos premios ofrecidos por varios locais aos que opta o público que participou co seu voto no concurso; e o sorteo dos agasallos (catro lotes de viño D.O. Ribeira Sacra, catro estancias de fin de semana no Gran Hotel e dez entradas ao Club Termal do Gran Hotel de Lugo) que se sortean entre os cupóns de selos.