O mellor de Vila Verde, localidade portuguesa que pertenece ao distrito de Braga, vai desfilar polas rúas de Santiago este xoves 30 de setembro, con motivo da presentación da “Festa das Colheitas” na oficina de turismo de Porto e Norte da capital compostelana. O Municipio de Vila Verde, Proviver e a Entidade de Turismo Porto e Norte promoven esta iniciatia que consistirá nun desfile de concertinas polas rúas históricas de Santiago e unha degustación de “pica no chao” (galo de curral) na sede da oficina de turismo de Porto e Norte, na rúa do Vilar, a partir das 17 horas.
A Festa das Colheitas, que se celebra do 5 ao 10 de outubro, é unha exaltación dos produtos rexionais de Vila Verde (hortícolas, frutícolas, agropecuarios, artesanía, etc.) e tamén unha mostra da gastronomía da zona, en particular, e do país veciño en xeral. As “tasquinhas” instaladas no recinto da feira permiten aos visitantes gozar dos mellores pratos da gastronomía portuguesa.