As cidades de Valença do Minho e Tui promoven conxuntamente as Xornadas Europeas de Patrimonio. A primeira delas terá lugar este venres en Valença baixo o título “Valença do Minho – Patrimonio: unha carta da historia”. Continuarán os días 2 e 3 de outubro en Tui baixo o título “Tui – O patrimonio cultural do século XX”.
O obxectivo dos encontros é dar a coñcer o vasto conxunto patrimonial transfronteirizo, con características singulares e únicas en termos europeos. Como complemento, as xornadas buscan a dinamización cultural entre as dúas localidades. As xornadas inclúen conferencias, visitas guiadas e actuacións musicais.