O Goberno galego solicitará ao Goberno central que vele polos intereses dos consumidores e incremente os controis das importacións de peixe panga procedente do sudeste asiático logo de verificarse unha “constante situación de falla nos controis de orixe” que se practican aos lotes deste produto procedentes do sudeste asiático. Así o explica nunha resposta escrita dirixida ao Grupo Parlamentario Popular na que tamén indica que ao tratarse dun peixe de importación a responsabilidade da entrada no mercado interior comunitario é das autoridades centrais dos distintos Estados membros, no caso de España, son responsables os Puntos de Inspección Fronteiriza (PIF), adscritos aos Ministerios de Sanidade e Política Social e de Administracións Públicas.
O panga é un produto que no mercado vén a substituír ao peixe capturado pola flota galega –fundamentalmente á pescada e ao fletán conxelado- fronte aos que actúa nun “evidente caso de competencia desleal”, di o PP.