A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, clausurou en Santiago de Compostela o seminario ‘Plan de Titorización da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia’, onde apostou por seguir fortalecendo o sector da hostalería galega cun programa específico de mellora da competitividade en pequenas empresas do sector.
A secretaria xeral indicou que, xa dende o ano pasado, se lanzou este proxecto dende o seu departamento para mellorar a competitividade das pemes de hostalería a través do asesoramento de expertos. “Tratouse dun proxecto piloto dirixido a 12 establecementos, e que agora se verá ampliado”, informou. A filosofía desta acción é a de ir establecemento a establecemento, identificando todas as necesidades en cada un deles, “nun proxecto de longo prazo do que quedará beneficiado o sector en xeral”.