A Xunta estuda solicitar formalmente ao Vaticano unha medida extraordinaria que permitiría prolongar o Ano Santo máis alá do 31 de decembro. Así o anunciou o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, se ben dende o Goberno galego son conscientes de que non será doado conseguir ese obxectivo. O obxectivo da Xunta é ampliar no máximo posible os efectos do Xacobeo, posto que haberá que agardar ata 2021 para ter outro Ano Santo.
O alcalde de Santiago, como recolle El Correo Gallego, acolleu a iniciativa da Xunta con moita satisfacción. Tamén o presidente da rama de Restauración de Hostelería Compostela, Jesús Sordo, cre que sería moi positivo que se prolongase o Ano Santo. Ademais, informou de que o colectivo solicitará que o botafumeiro funcione en 2011 os martes e os xoves pola tarde, porque os peregrinos “queren velo en marcha”.