Os vindeiros días 23 e 24 de outubro celebrarase na localidade lucense de Chantada a primeira Festa da Vendima, na que se creará unha orde de cofrades denominada a Encomenda dos Carreteiros. Segundo recolle El Progreso, entre os primeiros cofrades atoparanse os alcaldes das sete grandes cidades galegas. Tamén serán homenaxeados dous chantadinos: Amancio López, presidente da cadea hoteleira Hotusa, e Sinda Porto, secretaria da asociación de empresarios galegos en Cataluña.