Portos de Galicia comeza este venres o programa de actividades denominado “Cee, Porto Xacobeo”, cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía que estará aberta entre os días 16 e o 22 deste mes, na Casa do Concello, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010.
Tamén terá lugar unha conferencia sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía impartida por Antón Pombo, doutor en Historia, escritor e xornalista –membro de Agaxet-, participante no equipo que investigou e puxo en valor a ruta a Fisterra e Muxía. Para o sábado, ás 21:00 horas, está previsto un concerto na Igrexa de Santa María da Xunqueira, a cargo do violonchelista, Thomas Piel.