España e sete países máis pediron á Unión Europea un maior apoio ao sector porcino ante os problemas de mercado que atravesa, sobre todo polo encarecemento dos cereais e os pensos. Tamén reclamaron medidas Francia, Bélxica, Polonia, Rumanía, Eslovenia, Hungría e Dinamarca.
O sector porcino é, hoxe por hoxe, o de maior importancia en España, con corenta millóns de cabezas. O comisario europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, sinalou que seguirá a evolución do sector e, se a situación o require, emprenderá as accións necesarias que estean na súa man.