O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe no seu despacho de San Caetano a Consuelo Crespo Bofill, a presidenta do Comité Español de UNICEF, nun encontro ao que tamén asistiu Manuel Sandez, presidente do Comité UNICEF de Galicia.
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores, ten financiado con máis de 250.000 euros proxectos de UNICEF Galicia os últimos 5 anos. En 2009 o Goberno galego financiou con 9.330 euros unha campaña educativa de cooperación de UNICEF Galicia co programa de superviviencia infantil de UNICEF en Niger, mentres que en 2008 se investiron 5.874 euros cun proxecto de educación para o desenvolvemento.
UNICEF é a axencia das Nacións Unidas que ten como obxectivo garantir os dereitos da infancia. Naceu en 1946 para responder ás necesidades da infancia en Europa tras a Segunda Guerra Mundial e na actualidade está presente en 158 países, entre eles España. O Comité Español de UNICEF fundouse en 1961 e na actualidade ocupa o sétimo posto nas contribucións económicas a UNICEF con 200 traballadores, en torno a 1.000 voluntarios e 217.000 socios. Os obxectivos actuais do Comité Español son o seguimento e a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno, a prevención do VIH/SIDA, a mobilización de recursos para proxectos de cooperación, acción humanitaria e emerxencias, e educación para o desenvolvemento.
Consuelo Crespo Bofill foi elixida presidenta do Comité Español de UNICEF en 2005 despois de presidente durante 10 anos o comité do País Vasco.