Galicia acolleu, por vez primeira, a Mesa de Calidade Turística Española

Galicia acolleu, por primeira vez, a celebración da décima Mesa de Calidade Turística Española na que participan varios directores xerais de Turismo de toda España, nunha xuntanza na que Galicia exerceu de comunidade anfitrioa. Trátase do foro que asegura a participación das administracións e o sector empresarial nos proxectos de calidade turística. É a primeira vez que Galicia participa nel.

Con posterioridade á celebración da Mesa, o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé, realizou a invocación ao Apóstolo, acompañado de todos os directores xerais de Turismo de España, na Misa do Peregrino. O encontro foi aproveitado pola secretaria xeral, Carmen Pardo, para explicar a aposta pola calidade que está realizando Galicia en materia turística.