O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asinou os convenios correspondentes ao Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en materia de infraestruturas rurais con dez concellos pertencentes ás comarcas luguesas de Lemos, Chantada e Quiroga. En concreto, os municipios asinantes foron os de Carballedo, Chantada e Taboada, na comarca de Chantada; Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, na comarca de Terra de Lemos; e Quiroga e Ribas de Sil, na comarca de Quiroga.
Nestes concellos investiranse máis de millón e medio de euros para a mellora de infraestruturas rurais. Esta contía, financiada a partes iguais entre Xunta e Goberno Central, ten como finalidade a mellora das infraestruturas de acceso ás explotacións de viñedo.