Medio Rural inviste 2,3 millóns de euros na mellora de explotacións lucenses

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asinou convenios con nove concellos da provincia de Lugo para a mellora de accesos ás explotacións de vacún e vitivinícolas. En concreto, os municipios que se verán beneficiados son Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei e Portomarín.

Nestes municipios investiranse 2,3 millóns de euros, contía financiada a partes iguais entre a Xunta e o Goberno central. En total realizaranse máis dun cento de actuacións que, de seguro, repercutirá nas economías das empresas beneficiadas.