A Consellería de Cultura e Turismo presentou ao Consello da Xunta o último informe elaborado a partir dos datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE), no que se constata que o volume de viaxeiros aloxados nos hoteis e pensións de Galicia durante o mes de setembro supón un crecemento do 16,2% en relación co pasado ano, mentres que no ámbito nacional se situou só nun 7,10%.
A comparativa co último Ano Santo 2004 amosa mellores cifras tamén de viaxeiros e pernoitas, cun incremento medio do 2,54% e do 3,16%, respectivamente. A Xunta insiste en que son as cifras máis elevadas da década.