O mercado chinés é un dos máis interesantes nestes momentos para as empresas españolas polo seu nivel de crecemento pero as firmas que desexen introducirse nel deben ter en conta unha serie de aspectos. No que respecta ao sector vitivinícola, o mercado chinés tamén supón un nicho interesante pero os adegueiros deben coñecer as súas peculiaridades. Para explicarllas, celebrouse en Pontevedra un seminario sobre protección dos Dereitos de Propiedade Intelectual en China, que deben ter en conta aquelas adegas que se centren nun produto de calidade e nunha marca de prestixio.
A avogada Celia Sueiras foi a encargada de dirixir a xornada e incidiu en que as empresas deben tomar unha serie de precaucións xa que a falsificación forma parte da mentalidade e da cultura chinesa. “Se expoñemos a marca sen coñecemento no mercado chinés é probable que pronto sexa copiada ou adaptada”, sinalou.