Un xurado composto por seis catadores galegos e lusos foi o encargado de elixir os tops entre os espumosos que se elaboran no norte de España e Portugal. Foi unha nova edición das Catas Transfronteirizas, á que se presentaron un total de vinteunha mostras, once delas correspondentes a viños españois e dez a portugueses.
Dentro dos espumosos españois, o primeiro posto foi para Raimat Brut Chardonay que se impuxo, por unha escasa marxe, a Raventós i Blanc, que obtivo o segundo posto. Como terceiro clasificado, entre os espumosos españois, situouse Juvé y Camps Milessimé.
No tocante aos espumosos portugueses que entraron en cata, o primeiro clasificado foi Vértice; seguido de Soalheiro (segundo clasificado) e de Muralhas de Monçao e Castas de Monçao que compartiron o terceiro posto.
Outras marcas que entraron en cata e obtiveron altas clasificacións –das que daremos conta proximamente- foron Elyssia de Freixenet, Gramona III Lustros ou Coto de Mamuelas.
O acto celebrouse en Meaño, concretamente nas instalacións do hotel Pazo San Amaro, co patrocinio do Concello.