Técnicos e inspectores do Servizo de Control de Riscos Ambientais, do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, están a desenvolver un novidoso programa que trata de evitar riscos sanitarios aos peregrinos que percorren a Vía da Prata, mediante o control hixiénico sanitario das fontes públicas situadas ao longo do tramo ourensán deste camiño a Santiago. O Programa desenvólvese en base ás experiencias rexistradas outros anos xacobeos e co obxectivo de evitar, ou diminuír, o risco de contraer enfermidades gastrointestinais agudas ao longo das rutas de peregrinación, que nestes anos multiplican os seus usuarios.
O programa incide en dous eixos fundamentais. Dunha banda, potenciar e mellorar a información e comunicación de riscos aos usuarios das fontes, e especialmente aos peregrinos, e doutra establecer un plan específico de autocontrol e vixilancia das augas de consumo humano, que proceden de fontes públicas. Segundo os datos recabados, das 141 fontes ourensáns da Vía da Prata, a maioría, 98, son naturais, polo que a calidade e potabilidade das mesmas poden variar en función das condicións do nascente ou mesmo climáticas, non sendo posible garantir a súa aptitude para o consumo humano.