A empresa Funcióndeuno, pertencente ao viveiro de empresas do Concello de Lugo, e adicada á organización de eventos e á xestión cultural, é a empresa encargada da organización, este xoves, e con motivo do día de San Simón, dun acto promocional do queixo San Simón na zona de viños de Lugo. Durante a tarde-noite, e coincidindo coas horas nas que se serven as tapas tradicionalmente, obsequiarase aos clientes dos bares con tapas de Queixo de DOP San Simón da Costa. Cada un dos establecementos hostaleiros participantes, uns cincuenta aproximadamente, amosarán nun lugar visible un cartel anunciador do evento.
Este excelente queixo, que se elabora na Terra Cha, ten conseguido numerosos premios e, dende 1991, é Produto Galego de Calidade.
Este excelente queixo, que se elabora na Terra Cha, ten conseguido numerosos premios e, dende 1991, é Produto Galego de Calidade.