Uns vinte voluntarios da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, e do Foro do Camiño Primitivo trasladáronse ao Alto Ulla para realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Toques, entre os lugares de Vilamor e Vilouriz, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos da vía primitiva, Pena Ferrada.
Os colectivos denuncian que a Xunta realizou un desvío do camiño histórico entre as dúas parroquias citadas por un treito máis longo, “carente de sentido”, a través dunha sinalización “fraudulenta” e da apertura dunha nova pista de terra, que “impide aos peregrinos atravesar pola Pena Ferrada, aquela á que deu nome a lenda do cabalo branco de Santiago que deixou a súa pegada de ferro impresa na rocha”. As asociacións cualifican de “indignante” que teña que ser a sociedade civil, unha vez máis, a que reclame á Administración que cumpra coas súas obrigas na protección e respecto do patrimonio camiñeiro.