Agasallo de Coca Cola

Coca Cola e Lugo10 queren continuar celebrando o Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial. Así, e a partir de mañá xoves 11 de novembro, as persoas que visiten a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque, recibirán como agasallo unha das botellas de edición limitada deste refresco.

O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla de Lugo Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.