Baile deportivo en Pontevedra

O Pavillón de Deportes Municipal de Pontevedra acolle este domingo, 28 de novembro, o X Trofeo Cidade de Pontevedra de Baile Deportivo. Neste espectáculo, que se celebrará de 14 a 20 horas participarán bailaríns de Galicia e de ámbito internacional, e tamén estarán representados os compoñentes do Club de Pontevedra Pasos-Baile Galicia. De feito, haberá exhibicións a cargo de Adrián Esperón e Patricia Martínez, campións de España e naturais de Pontevedra (escola Pasos Baile Galicia)

Tamén haberá unha exhibición de bailes típicos rusos a cargo dos pupilos de Ulyana Zhukova: Xullo Vidal de 7 anos e Sasha Vidal de 10 anos. Tamén está previsto unha interpretación de dúas cancións, avance do seu novo disco, a cargo do cantante e compositor pontevedrés Kike Alvite.