Este sábado, a Asociación de Balnearios de Galicia celebra na Toxa o seu vixésimo quinto aniversario. Será no Gran Hotel La Toja, a partir das 11.30 horas, e incluirá a imposición da insignia de ouro da Asociación aos socios fundadores. Asimesmo, tamén se procederá á inauguración da exposición “O lecer das augas. Historia dos Balnearios de Galicia”.