A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, participou en Vigo no VII Foro Rías Baixas, que leva por título “Os bloggers como novos prescritores do turismo (blogtrip). Novas tecnoloxías, novas formas de comunicación”. Este foro forma parte do plan de desestacionalización de Galicia, cuxo obxectivo é aumentar a ocupación dos establecementos turísticos en temporada baixa e promocionar a Comunidade a través de produtos diferenciados e novas experiencias.
A secretaria xeral afirmou que este encontro de blogueiros constitúe un paso cara adiante na innovación da promoción do destino Galicia. “Esperamos que esta experiencia se poida mostrar como un cambio na forma de promocionar o noso turismo”, dixo. “Ademais, a proposta de blogtrip que se realiza aquí constitúe un novidoso programa que pretende dar un paso adiante na innovación da promoción do destino, e aproveitar as vantaxes do mundo 2.0, a súa axilidade e o seu poder de difusión”, engadiu. A responsable de Turismo tamén informou de que Galicia é a primeira comunidade autónoma en abrir unha canle de social media a través do seu contact center.
Por último, Pardo anunciou que o seu departamento seguirá apostando pola innovación a través das redes sociais e pola vangarda tecnolóxica, ao igual que polas novas tendencias na promoción de destinos. “O obxectivo é lograr ser máis competitivos”, matizou.