O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, compareceu no Parlamento de Galicia para informar acerca das actividades de restauración ou mellora realizadas pola Consellería na Catedral de Santiago. Varela destacou a “importancia histórica, patrimonial e turística que ten a Catedral para a conformación da propia identidade europea, para a imaxe exterior de Galicia e para todos os galegos”.
O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que a Catedral de Santiago representa “unha das nosas liñas prioritarias de protección do legado cultural galego” e confirmou que “as actuacións previstas terán un peso importante tamén no 2011, un ano no que a propia Catedral e a Cidade Vella de Santiago, declarada Patrimonio da Humanidade desde 1985, serán protagonistas indiscutibles coa conmemoración do VIII Centenario da súa consagración”. Segundo o conselleiro “a prioridade da Consellería está clara” xa que todas as actuacións “van encamiñadas a coidar co máximo esmero e celo un dos nosos bens patrimoniais máis prezados nun momento clave da súa historia”.
Por outra banda, Roberto Varela informou sobre as repercusións na promoción do Xacobeo que tivo a presenza de Santiago de Compostela, da súa Catedral e das Rutas Xacobeas nas actividades do Metropolitan Museum of Art of New York (MET) con motivo do Ano Santo. Segundo o conselleiro, esta actuación inscríbese “no marco da política de internacionalización e promoción da cultura galega” que acada a promoción da “Catedral e dos seus Camiños nun dos máis destacados e emblemáticos museos de arte do mundo, co fin de dar a coñecer o noso patrimonio histórico e impulsar un mercado turístico estratéxico para Galicia”.
O conselleiro de Cultura e Turismo valeuse dos datos oficiais de asistencia da iniciativa ‘Celebrando a Catedral de Santiago’ para acreditar “o éxito e a alta calidade desta programación”. Segundo as cifras recabadas polo propio Museo, o conselleiro salientou que “no ciclo de cinco conferencias impartidas no Uris Center of Education tivo que ser completado o aforo da sala prevista de 120 persoas con outra sala anexa de 80 plazas en todas as ocasións”. Asemade subliñou as “máis de 600 persoas que participaron nas conferencias celebradas en outubro e novembro” así como “os 573 asistentes do Sunday at Met que incluíu a presentación da reconstrución virtual da Catedral, dúas conferencias e un concerto”.