O comezo da campaña da centola tivo resultados irregulares en función da zona de extracción. Mentres en Ribeira se recolleron máis kilos que na primeira xornada do ano pasado, en peiraos como o de Bueu houbo un descenso nas capturas. Os mariñeiros poderán, non obstante, satisfacer os padais dos amantes deste crustáceo, que levan meses agardando por el. En todo caso, os expertos insisten en que este marisco non estará no seu mellor momento ata xaneiro.
En canto aos prezos, as cotizacións oscilaron segundo a lonxa pero, en xeral, os mariñeiros están satisfeitos. En Bueu vendéronse a unha media de 13 euros o kilo; en Ribeira, a 11 e en Fisterra os prezos oscilaron entre os 9 e os 13,50 euros o kilo.