O departamento de Turismo de A Coruña desenvolverá unha campaña especial de Fin de Ano que ten por obxectivo captar turismo das rexións periféricas (Asturias, Castela e León) e fundamentalmente visitantes do norte de Portugal. Na campaña, que conta cun orzamento de 30.000 euros, participan un total de 40 establecementos coruñeses: 23 hoteis, 5 hostais e pensións, 9 restaurantes, 1 apartamento turístico e 2 pubs.
Paralelamente, dende o Consorcio de Turismo, a pasada fin de semana levouse a cabo unha acción de animación no centro comércial de Arrábida en Porto, no que participaron 4.000 persoas. O concelleiro, Henrique Tello, salientou a importancia desta campaña xa que o gasto medio dunha persoa que acude nestas datas á cidade é de 250 euros.
Por outra banda, tanto A Coruña como Vigo están presentes na feira EIBTM que se desenvolve en Barcelona. No caso da cidade olívica farase fincapé na aposta pola ría e o turismo urbano que vén facendo o Concello nos últimos tempos.