O Consello da Xunta autorizou a subscrición dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Portomarín para a realización das obras de restauración e posta en valor do Camiño Francés, ao seu paso polo tramo de Gonzar, por un importe de 325.000 euros. Esta é unha das trece actuacións previstas no Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago, que se desenvolverá nun total de doce municipios de Galicia polos que discorre o Camiño Francés.
As instalacións aéreas actualmente existentes soterraranse, e eliminaranse todos os postes correspondentes a elas. Desmontaranse as caixas xerais de protección que están situadas en superficie sobre as fachadas e dispoñeranse encaixadas para a súa mellor integración. Nas rúas do lugar renóvase todo o pavimento actual por un pavimento de formigón lavado encintado con chapacuña, aproveitando a necesidade de demoler o pavimento actual, en mal estado, para a execución das gabias para as instalacións. Así mesmo, na praza situada tras o albergue de peregrinos, ademais da pavimentación descrita, regularizarase a perspectiva, creando zonas de estar, rompendo a visión das granxas cunha barreira vexetal e unha lixeira elevación do chan, e situando un banco para o uso dos veciños e peregrinos.