Terras de Pontevedra organizou unhas xornadas sobre Arte Rupestre nas que se concluiu realizar unha demanda á Xunta de Galicia para que inicie as accións que correspondan de cara a conseguir, no prazo máis breve posible, a declaración de Patrimonio da Humanidade para o Conxunto de Arte Rupestre de Galicia. Asimesmo, pídese ao Concello de Campo Lameiro que solicite que o Centro de Interpretación da Arte Rupestre da localidade leve o nome de Antonio Álvarez Núñez, gran investigador, descubridor e divulgador dos petroglifos de Campo Lameiro.
Outra das conclusións das xornadas é que cómpre vincular, incentivar e involucrar ás empresas relacionadas co turismo para que presten servizos na zona, para incluir actividades de arte rupestre dentro da súa oferta habitual.